CEN X CEN: ASCM BUSCA GALEGAS E GALEGOS CENTENARIOS

A Asociación Sociocultural ASCM ven de comezar un proxecto de calado. “Cen por Cen”, que é como se chama a iniciativa, pretende poñer en valor as vivencias das nosas galegas e o nosos galegos de cen anos ou máis. Falar con eles e descubrir as súas historias, ao tempo que, fieis ao noso vínculo co mundo da dependencia, queremos poñer o énfase na importancia que ten a atención aos nosos maiores. 
Nesta mesma semana iniciamos unha campaña de difusión do proxecto nas redes sociais e outros medios de comunicación para convidar a quen coñeza a algún centenario galego ou centenaria galega a que contacte con nós no teléfono 981 35 41 30, ou no mail voluntariadoascm@gmail.com, se estivera interesado en participar na iniciativa. A dita campaña súmase un intenso traballo de campo desenvolto en meses pasados polos nosos técnicos. O labor comeza a dar os seus froitos coa localización dos primeiros centenarios, que entrevistaremos xa no mes de abril, pero non queremos que falle ningún, polo que continuamos promocionando a iniciativa entre os cidadáns para que se sumen a ela.

Nos vindeiros meses entrevistaremos e fotografaremos ós centenarios e centenarias participantes para editar un libro, que se publicará neste ano, con entrevistas e imaxes do artista Manuel Patinha. En anos sucesivos a intención é levar a toda Galicia, en forma de exposicións, as imaxes que compoñen a publicación. A Consellería de Política Social, que dirixe José M. Rey Varela, colabora nesta iniciativa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario