XORNADA ABERTA DO DEPORTE E A ACTIVIDADE FISICA ADAPTADA E INCLUSIVA




O próximo xoves 19 de xuño no pavillón polideportivo de Ares, a partir das 11:00 da mañá, tes unha cita co deporte e a actividade física inclusiva e adaptada.

As catro escolas que desenvolve a Mancomunidade, baloncesto en cadeira de rodas, tenis en cadeira de rodas, boccia e baile adaptado, ofrecerán unha exhibición a todas as persoas interesadas en coñecer estas modalidades dende o punto de vista técnico, e, por suposto, disfrutar dun espectáculo aberto a todas e todos.

Día: xoves 19 de xuño

Hora: 11:00

Lugar: Pavillón polideportivo de Ares (Rúa Celso Emilio Ferreiro, Ares) 

Trátase dunha actividade aberta e gratuita, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña, e na que interveñen a Agrupación Deportiva de Minusválidos de Ferrol, a Asociación Vida Activa, a asociación Grupo Diversidade e Funcional e a Asociación Sociocultural de Minusválidos. Se precisas máis información podes chamar ao Tlf.: 981 944 000, ext. 378 e 213, achegarte á Mancomunidade, ou realizar unha consulta a través do formulario de contacto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario