PRESENTACIÓN DO PROXECTO DA ASCM “XENTE!!!, SENTA E SENTE”

Hoxe tivo lugar, no Concello de Narón, a presentación do proxecto “Xente!!! SENTA E SENTE” de la ASCM que pretende sensibilizar a os veciños sobre as dificultades coas que se atopan as persoas con movilidad reducida todos os días polas rúas do noso entorno. 

En cada parroquia ou barrio do Concello de Narón, imos por a disposición do público cadeiras de rodas, para que as persoas que o desexen se senten nelas e unha vez sentados den unha volta polo seu contorno. Pretendemos con esta actividade que as persoas sentan o mesmo que sente unha persoa con diversidade funcional que vai nunha cadeira de rodas. Pero a participación non finaliza con isto, senón que despois comentarán tamén en que se pode mellorar cada situación. Finalizaremos cun test de preguntas relacionadas coa accesibilidade.

Patricia López (ASCM), Teresa Sabio concelleira de igualdade de Narón e Paula Gárate  esta mañan na rolda de prensa.

O proxecto conta coa colaboracion do Concello de Naron, quen recollerá estas mostras para reducir as barreiras arquitectónicas, ademáis de un total de 18 entidades de veciños que prestan os seus locais para la exposicion fotografica onde se expondrán fotos recentes e representativas do tema da accesibilidade serán fotos que descubran as barreiras arquitectonicas do entorno mais cercano. Esta exposición pretende ser un complemento informativo a experiencia do paseo en cadeira de rodas e estará aberta dende o comezo ao final do proxecto.

Estaremos nos seguintes barrios ( horario 17:00h a 19:00h)


· Fundación Terra de Trasancos en O Val o 21 de outubro

· Virxe do Mar o 22 de outubro

· CCM Manuela Pérez Sequeiro (Gándara) o 23 de outubro

· Local social de Piñeiros o 24 de outubro

· Ferrerias (Xubia) o 27 de outubro

· Alto do Castiñeiro (Praza de Galicia) o 28 de outubro

· Santa Icía (Praza da Constitución) o 29 de outubro

· A Gándara (Praza da Gándara) o 30 de outubro

· Freixeiro (Praza de Paradela) o 31 de outubro

· No mes de novembro estaremos en O Feal , O Couto, Altea (Xubia), San Xiao entre outras asociacions. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario