http://accesibilidadenelviaje.consultaopinion.com/Encuesta.aspx?idEncuesta=147
Entrada destacada
EL CAMINO INGLÉS SOBRE RUEDAS
Guía práctica del camino inglés para sillas de ruedas y bicicletas adaptadas. Castellano Galego
Mostrando entradas con la etiqueta Asociaciones. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Asociaciones. Mostrar todas las entradas
ENCUESTA ACCESIBILIDAD EN LOS VIAJES
Compartimos con vosotr@s el enlace a la encuesta promovida por ILUNION Tecnología y Accesibilidad y Fundación ONCE, sobre accesibilidad en los viajes. Os animamos a participar!
http://accesibilidadenelviaje.consultaopinion.com/Encuesta.aspx?idEncuesta=147
http://accesibilidadenelviaje.consultaopinion.com/Encuesta.aspx?idEncuesta=147
Etiquetas:
2016,
accesibilidad,
año de la accesibilidad universal,
ASCM,
Asociaciones,
barreras arquitectonicas,
transporte
A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS ORGANIZA UNHA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOCIAL NOS BARRIOS E PARROQUIAS DE NARÓN
Trátase dunha mostra fotográfica e unha xornada en cadeira de rodas, para sensibilizar á xente sobre os problemas de accesibilidade das persoas con diversidade funcional.
Narón, 8 de Outubro de 2014.- A Concelleira de Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, e a xerente da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), Paula Gárate, presentaron hoxe en rolda de prensa unha iniciativa que desenvolverá no municipio esta entidade de carácter social. Estiveron acompañadas por Patricia López, membro da ASCM e coordinadora desta campaña. Trátase do programa titulado “Xente!!! Senta e Sente”, que xurde coa finalidade de concienciar ós/as veciños/as dos barrios de Narón sobre o que senten as persoas con diversidade funcional no seu ámbito máis próximo.
Para coñecer a accesibilidade no ámbito máis cercano, e poñer ós veciños na pel das persoas con mobilidade reducida, a ASCM promoverá dous tipos de actividades en cada barrio ou parroquia:
Mostra da túa parroquia en fotos: trátase dunha mostra con fotos recentes e representativas sobre a temática da accesibilidade en cada barrio ou parroquia.
As mostras de fotografías poderanse visitar durante todo o mes de outubro nos locais sociais municipais, e tamén na Fundación Terra de Trasancos, no Centro Comunitario Municipal Manuela Pérez Sequeiros, na SCR Areosa, e na Asociación de Mulleres Rurais San Clemente.
Senta e sente: en cada parroquia ou barrio, porase a disposición dos veciños/as cadeiras de rodas, para que as persoas que queiran se senten nelas e dean unha volta polo seu ámbito. Así poderán sentir o mesmo que sente unha persoa con diversidade funcional que vai nunha cadeira tódolos días. Despois comentaranse as experiencias, de cara a mellorar o seu ámbito. Finalizarase cun test con preguntas relacionadas coa accesibilidade.
Esta iniciativa se desenvolverá en sesións de dúas horas (de 17:00 a 19:00 horas), nas seguintes datas e lugares:
-Fundación Terra de Trasancos: martes 21 de outubro.
-AVV Virxe do Mar: mércores 22 de outubro.
-CCM Manuela Pérez Sequeiros (A Gándara): xoves 23 de outubro.
-Local Social de Piñeiros: venres 24 de outubro.
-Asociación de Mulleres Ferrerías (Xuvia): luns 27 de outubro.
-AVV de O Alto: martes 28 de outubro.
-AVV Santa Icía: mércores 29 de outubro.
-AVV A Gándara: xoves 30 de outubro.
-AVV Freixeiro: venres 31 de outubro.
-AVV O Feal: novembro.
-AVV O Couto: novembro.
-AVV Altea (Xuvia): novembro.
-AVV San Xiao: novembro.
http://www.concellodenaron.com/web/cat/gal/noticias/get/1326/
Etiquetas:
ASCM,
Asociaciones,
Concello de Narón,
Proxecto Xente senta e sente
PRESENTACIÓN DO PROXECTO DA ASCM “XENTE!!!, SENTA E SENTE”
Hoxe tivo lugar, no Concello de Narón, a presentación do proxecto “Xente!!! SENTA E SENTE” de la ASCM que pretende sensibilizar a os veciños sobre as dificultades coas que se atopan as persoas con movilidad reducida todos os días polas rúas do noso entorno.
En cada parroquia ou barrio do Concello de Narón, imos por a disposición do público cadeiras de rodas, para que as persoas que o desexen se senten nelas e unha vez sentados den unha volta polo seu contorno. Pretendemos con esta actividade que as persoas sentan o mesmo que sente unha persoa con diversidade funcional que vai nunha cadeira de rodas. Pero a participación non finaliza con isto, senón que despois comentarán tamén en que se pode mellorar cada situación. Finalizaremos cun test de preguntas relacionadas coa accesibilidade.
| Patricia López (ASCM), Teresa Sabio concelleira de igualdade de Narón e Paula Gárate esta mañan na rolda de prensa. |
O proxecto conta coa colaboracion do Concello de Naron, quen recollerá estas mostras para reducir as barreiras arquitectónicas, ademáis de un total de 18 entidades de veciños que prestan os seus locais para la exposicion fotografica onde se expondrán fotos recentes e representativas do tema da accesibilidade serán fotos que descubran as barreiras arquitectonicas do entorno mais cercano. Esta exposición pretende ser un complemento informativo a experiencia do paseo en cadeira de rodas e estará aberta dende o comezo ao final do proxecto.
Estaremos nos seguintes barrios ( horario 17:00h a 19:00h)
· Virxe do Mar o 22 de outubro
· CCM Manuela Pérez Sequeiro (Gándara) o 23 de outubro
· Local social de Piñeiros o 24 de outubro
· Ferrerias (Xubia) o 27 de outubro
· Alto do Castiñeiro (Praza de Galicia) o 28 de outubro
· Santa Icía (Praza da Constitución) o 29 de outubro
· A Gándara (Praza da Gándara) o 30 de outubro
· Freixeiro (Praza de Paradela) o 31 de outubro
· No mes de novembro estaremos en O Feal , O Couto, Altea (Xubia), San Xiao entre outras asociacions.
Etiquetas:
accesibilidad,
ASCM,
Asociaciones,
Concello Naron,
Proxecto Xente senta e sente
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

