A SGHN de Ferrol é, por fin, un museo accesible

  • Logo de dez anos nas instalacións da Casa do Coronel no Sánchez Aguilera, propiedade do Ministerio de Defensa e cedidas ao Concello de Ferrol, este último procedeu á posta en marcha do ascensor co que contaba o edificio do museo dende a súa adaptación.
                          O ascensor da SGHN xa está operativo.

Desde ASCM queremos felicitar á SGHN polo seu compromiso có acceso á cultura das persoas con mobilidade reducida. O edificio que alberga á SGHN xa ten operativo o ascensor que impedía o acceso completo a persoas con problemas de mobilidade. 

Desde a SGHN subliñan que a causa da COVID-19, o público que o precise poderá facer uso del. Polo momento non está contemplado o seu uso máis aló das persoas con problemas de mobilidade, xa que ademais os ascensores requiren de moita atención e hixiene, por seren posibles vectores de contaxio do coronavirus.

ASCM estivo en contacto, durante este longo proceso, cos responsables do Museo; apoiando a necesidade dunha cultura plenamente accesible na nosa comarca. Unha problemática que levou unha década subsanar e que permite dar un paso máis na consecución da accesibilidade universal na nosa contorna.

Agradecemos o apoio da SHGN neste proceso que favorece o acceso á cultura das persoas con mobilidade reducida e que hoxe, máis ca nunca, da folgos para seguir loitando e reivindicando a adaptación dos espazos públicos para facer de Ferrolterra unha comarca para todxs.