- Logo de dez anos nas instalacións da Casa do Coronel no Sánchez Aguilera, propiedade do Ministerio de Defensa e cedidas ao Concello de Ferrol, este último procedeu á posta en marcha do ascensor co que contaba o edificio do museo dende a súa adaptación.
O ascensor da SGHN xa está operativo. |
Desde ASCM queremos felicitar á SGHN polo seu compromiso có acceso á cultura das persoas con mobilidade reducida. O edificio que alberga á SGHN xa ten operativo o ascensor que impedía o acceso completo a persoas con problemas de mobilidade.
ASCM estivo en contacto, durante este longo proceso, cos responsables do Museo; apoiando a necesidade dunha cultura plenamente accesible na nosa comarca. Unha problemática que levou unha década subsanar e que permite dar un paso máis na consecución da accesibilidade universal na nosa contorna.
Agradecemos o apoio da SHGN neste proceso que favorece o acceso á cultura das persoas con mobilidade reducida e que hoxe, máis ca nunca, da folgos para seguir loitando e reivindicando a adaptación dos espazos públicos para facer de Ferrolterra unha comarca para todxs.
No hay comentarios:
Publicar un comentario