Entrada destacada

EL CAMINO INGLÉS SOBRE RUEDAS

 Guía práctica del camino inglés para sillas de ruedas y bicicletas adaptadas. Castellano Galego

UDC y Concello da Coruña mejoran la accesibilidad de los campus universitarios

 La urbanización de la Escola Técnica Superior de Arquitectura y la Facultade de Ciencias y la mejora de la accesibilidad en el entorno del Espazo de Intervención Cultural da Universidade son las dos actuaciones previstas


El Concello da Coruña y la Universidade da Coruña (UDC) colaborarán en la realización de dos actuaciones urbanísticas en el ámbito de los campus universitarios. Una de ellas consistirá en la mejora de la accesibilidad en el entorno del Espazo de Intervención Cultural da Universidade, Normal, y la otra será la urbanización de la Escola Técnica Superior de Arquitectura y la Facultade de Ciencias.

El acuerdo está recogida en el incremento de los convenios nominativos aprobado en la última sesión plenaria. Así, las obras en el entorno del Normal permitirán reponer el pavimento y el derrumbamiento del cierre del edificio. Esta obra sigue el plan de apertura del campus iniciado con la demolición del cierre del CUR y la apertura del jardín a la ciudadanía. En el caso del edificio Normal, se substituirá el actual cierre perimetral por una fila de bancos y árboles con el objetivo de humanizar la zona.

La urbanización del entorno de la Escola Técnica Superior de Arquitectura y la Facultade de Ciencias, por otro lado, consistirá en el acondicionamiento de infraestructuras viarias del campus de Elviña-Zapateira situadas en la calle Fraga, muy deterioradas por su uso. Los trabajos se realizarán en dos fases y la intervención se efectuará en el tramo de la calle que va del campus de Elviña al campus de la Zapateira. El plan establece, además, la inclusión de un carril bici que una los dos campus.

Las obras tienen un presupuesto de 120.000 euros y se ejecutarán en el verano para alterar lo menos posible el tráfico, en el caso del vial de Elviña a Zapateira, y la actividad académica.

Fuente: Quincemil

Valdoviño-A Frouxeira recupera el servicio «Praia Accesible»

 


El Concello de Valdoviño recupera el programa «A Frouxeira Praia Accesible». Un servicio municipal gratuito que permite a las personas con movilidad reducida o en silla de ruedas moverse por la arenal y también entrar en el agua mediante el préstamo de 2 sillas autopropulsadas y una manta que facilita el acceso a la playa y el deslizamiento. Fue inaugurado en 2020 por la asociación Aprende a Voar, y este año vuelve a A Frouxeira tras el Pantín Classic, ya que el Concello trasladaba  los equipos a esta playa para facilitar la competición de surf adaptado.

El servicio está dirigido a personas en silla de ruedas, aquellas con discapacidad motora en menor grado y mobilidad reducida. Según la concejala de Benestar Social, Ana Belén Pérez, el servicio estará operativo todos los días de 12.40 a 19 horas, coincidiendo con el horario del servicio de socorrismo y el material se deberá retirar a la caseta que está ubicada a pie de playa.

Asimismo, los usuarios también disponen de 2 plazas de aparcamiento reservadas cercanas, y la reserva de la plaza autopropulsada debe hacerse con antelación en la Oficina Municipal de Turismo (lunes de 11 a 15 h; martes de 15 a 19 h, y a partir del miércoles al domingo de 11 a 19 h), llamando al 981 19 52 74. El Concello también dispone de dos líneas directas: 619 410 161 y 619 291 133.

Fuente: Galicia Ártabra Digital

O CONCELLO MELLORA A ACCESIBILIDADE DO CENTRO DE FORMACIÓN IRMÁS FROILAZ CUN INVESTIMENTO DUNS 100.000 EUROS

 


👏Desde a ASCM alegranos que o Concello de Narón mellorara a accesibilidade do centro de formación Irmás Froilaz, destinando unha partida de preto de 100.000 euros a esta actuación, cofinanciada con cargo ao POS+2020 da Deputación da Coruña.

👩‍🦽Con cargo a este proxecto xa rematado acometéronse intervencións como a instalación dun ascensor, melloras nos vestiarios, habilitación dunha praza de estacionamento para persoas discapacitadas e unha pasarela de acceso peonil ata o interior do edificio… 👩‍🦯

Ferreiro recalcou que “a materialización deste proxecto permite que o Concello conte cun edificio máis accesible para todas as persoas que ao longo do ano acuden a estas instalacións, donde se imparten os cursos do Programa Municipal de Formación”e  indicou que “Todas estas melloras, moi necesarias nesta edificación, permitirán ao Concello continuar avanzando para facer os edificios municipais máis accesibles á cidadanía”.

Desde a ASCM seguiremos a traballar 🤝 co Concello para conseguir “avanzar na liña de facer un Narón máis accesible” tal e como apuntou a alcaldesa.

Fuente: www.naron.es

A tempada de praias comezará a vindeira semana, despois de que os socorristas realizaran onte as probas prácticas

 Será en xuño, coma se vén facendo dende o 2016, mentres que con anterioridade a ese ano se iniciaba en xullo, e os membros do servizo de salvamento realizaron o exame en piscina un día antes que no 2014, cando foi o 16 de xuño. O rexeitamento en pleno, o 29 de abril, do crédito que incluía a contratación de socorristas adiou dúas semanas os prazos para incorporalos, pese ao que o Concello axilizou trámites para que finalmente o proceso se demorara só sete días


A tempada de praias en Ferrol dará comezo o vindeiro venres 25. Para ese día está programado o inicio do servizo de socorrismo, unha semana despois do previsto inicialmente como consecuencia do atraso na aprobación por parte do pleno municipal do expediente de modificación de créditos presentado polo goberno local no pleno do 29 de abril para dotar 15 aplicacións orzamentarias, entre as que se atopaba a contratación do persoal de salvamento para a tempada de verán deste ano. Dito punto rexeitouse tras votar en contra o Partido Popular e Ferrol en Común e absterse o BNG. O PSOE votou a favor da súa aprobación. Finalmente, no pleno extraordinario do 13 de maio aprobouse a modificación de crédito cos votos a favor de PSOE, PP e FeC e en contra do BNG. 


Os 14 días de dilación motivaron o consecuente atraso na tramitación, polo que o inicio do servizo de socorristas comezará máis tarde do previsto, o 25 de xuño en lugar do día 18. Será só unha semana debido á axilización do proceso por parte do Concello. De todos modos, a prestación nos areais da cidade durará igualmente tres meses meses e cubrirá todo o verán, que comeza oficialmente a vindeira semana e conclúe a penúltima de setembro. 

O intenso traballo do último mes posibilitará que, aínda así, a tempada se inicie en xuño, ao igual que nos últimos anos, mentres que no 2014 comezaba en xullo. De feito, as probas prácticas dos socorristas producíronse este ano un día antes que no 2014 (https://ferrol.gal/Concello/NovasAmpliar/1002).

A convocatoria municipal deste ano contempla contratar a 12 socorristas máis que o pasado verán. Dos 57 postos, un será para coordinador de praias e nove para coordinadores de caseta. A principal labor do primeiro será a de organizar ao persoal asignado e planificar quendas e horarios. Será responsable do axeitado uso do equipamento facilitado aos socorristas, de ordenar o mantemento correcto das instalacións de salvamento, da supervisión do servizo nas praias e de actuar como principal interlocutor co Concello. Pola súa banda, os coordinadores de caseta deberán levar a cabo a organización diaria do persoal propio da caseta en colaboración co coordinador de praias, organizar os grupos de traballo e as tarefas de mantemento de caseta, revisar, distribuír e facer proposta de reposición do material e organizar simulacros e adestramentos, entre outras labores. 

Este persoal desenvolverá as súas funcións de vixilancia e salvamento nas praias de Caranza, Doniños, A Fragata-O Vilar, San Xurxo, Esmelle, Penencia, Santa CombaMarmadeiro, Ponzos e A Graña.  

Traballos nos areais 
Mentres, o Concello ten en marcha, a través do departamento de Obras, diversas actuacións co fin de acondicionar os areais e os seus accesos para a tempada estival. Por unha banda, avanza a intervención integral que se está a executar en Doniños, unha actuación incluída no POS 2018 cun orzamento base de 97.236,25 euros. Implica a renovación do paseo marítimo e outros traballos na contorna do areal, tamén na zona do miradoiro, como o fresado do carril bici para renovar o seu firme e labores de mantemento e reparación no sistema de drenaxe. O proxecto tamén inclúe varias actuacións en materia de accesibilidade para adaptar os diferentes elementos ás necesidades das persoas con mobilidade reducida. Moitas destas tarefas xa están rematadas e outras están a piques de concluír. 

Por outra banda, estanse acondicionando os aparcadoiros das praias de Santa Comba e Ponzos co aporte de material e o seu compactado. Trátase dunha zona na que, pola súa catalogación medioambiental, unicamente están autorizadas intervencións brandas, polo que periodicamente é necesario desenvolver este tipo de traballos.

Finalmente, tamén se contemplan unha serie de reparacións e reposicións de diversas infraestruturas e elementos que contan cun orzamento de 7.696,81 euros. En Santa Comba repoñeranse pezas de protección nas varandas e táboas nos accesos á praia, outras repararanse e repoñerase tornillería (en aceiro inoxidable), ao igual que en Marmadeiro, onde tamén se repoñerán táboas de varanda. Na praia do Preixal, a carón da praia de Fragata, repararase o peche do acceso e subministraranse táboas para a zona do novo acceso ao camping. No caso da praia da Fragata substituiranse as portas dos aseos, repasarase a súa pintura e repoñeranse táboas do chan e no aparcadoiro de Cobas, tamén nos aseos, substituiranse varias manillas de portas e repoñerase o lavabo. Lamas concretou que se repoñerá o peche do acceso á praia de Esmelle, repararase o cartel informativo de Cariño e consolidarase o pasamáns no areal de San Felipe, entre outras intervencións prevista. No caso de Doniños repoñeranse varias táboas de pasamáns, de protección de varandas e do chan, ao igual que en Punta Penencia.