SERVIZO DE TRANSPORTE ADAPTADO DA ASCM

A Asociación Sociocultural ASCM conta cun servizo de transporte adaptado para cubrir as necesidades das persoas con mobilidade reducida. A financiación para levalo a cabo provén das administracións públicas:
  • Coa colaboración da Xunta de Galicia realizamos o servizo de transporte adaptado dos centros educativos.
  • Co Concello de Ferrol e Narón atendemos as necesidades dos seus veciños, derivados de Servizos Sociais.
  • Coa colaboración da Deputación da Coruña levamos a cabo o transporte das persoas que non están cubertas por outros recursos.
Este servizo conta con diferentes utilidades tales como: desprazamentos para facer trámites administrativos, asistencia a consultas médicas, traslado a centros especializados, asistencia a actividades tanto deportivas como de formación ou de lecer. E os seus obxectivos son:
  • Fomentar a independencia e autonomía das persoas con mobilidade reducida.
  • Garantir a escolarización das persoas con persoas con mobilidade reducida.
  • Cubrir un servizo que a día de hoxe o transporte público non cubre.
  • Atender as necesidades sociais das persoas que teñen dificultade para desprazarse.